Traballos forestais, xardinería, paisaxismo, formación e pequena construción en Galicia

Somos Loureiro Arboricultura Galicia, unha empresa que desenvolve a súa actividade no sector agroforestal, silvícola, arboricultura, xardinería, paisaxismo, formación e pequena construción. Contamos con ampla experiencia en execución deste tipo de traballos.

Loureiro Arboricultura Galicia está liderada polo enxeñeiro forestal F. Xabier Loureiro Vázquez, especialista en arboricultura e formación.

Empresa de alta no Rexistro de empresas acreditadas do sector da construción (REA), Rexistro de empresas do sector forestal (RESFOR), Rexistro oficial de produtores e operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO).

Desprazámonos a calquera lugar malia que traballamos máis nas provincias de Pontevedra e A Coruña.

Profesionais con moita experiencia no sector

En Loureiro Arboricultura Galicia ofrecemos un servizo integral aos nosos clientes para garantir a calidade de cada un dos traballos que realizamos. Traballamos con responsabilidade e compromiso en todo o relacionado coas árbores e as palmeiras dentro dos sectores de xardinería, paisaxismo, forestal e silvícola.

En Loureiro Arboricultura Galicia realizamos traballos de oficina técnica de enxeñería agroforestal e impartimos cursos de formación teóricos e prácticos de: traballos e poda en altura, forestal, motoserra, xardinería e outros.

Algúns dos nosos traballos

Ver máis

Contacte cos profesionais de Loureiro Arboricultura Galicia

Se quere máis información sobre algún dos traballos que realizamos en Loureiro Arboricultura Galicia ou lle gustaría solicitar un orzamento a medida, non dubide en porse en contacto cos nosos profesionais.