Servizos que ofrecemos en Loureiro Arboricultura Galicia

Tratamento de palmeiras contra Picudo vermello

Facemos tratamentos de palmeiras ata 24 metros de altura con custe reducido. A partir de aí segundo a dificultade.

O picudo vermello, Rhynchophorus ferrugineus, é un insecto coleóptero curculiónido orixinario do sueste de Asia que entrou en Galicia en 2013. Actualmente está presente en gran parte das provincias de Pontevedra e A Coruña e tamén en zonas de Ourense e Lugo. Na zona mediterránea de España e oeste de Portugal xa leva máis tempo.

É un insecto moi daniño para as palmeiras, sobre todo para as canarias. O seu ataque supón a morte da palmeira se non se actúa para conservala. Para isto realizamos tratamentos fitosanitarios sistemáticos contra o picudo vermello que deben facerse entre 3 e 5 veces ao ano.

O recomendado é facer tratamentos preventivos. Neste caso, a porcentaxe de éxito é practicamente do 100%. Nos tratamentos curativos, a probabilidade de éxito depende do estado de partida da palmeira cando se comezan os tratamentos e da pericia profesional na execución dos mesmos. Neste senso, temos que dicir que estamos tendo unha alta porcentaxe de palmeiras recuperadas.

Contamos coa tecnoloxía máis axeitada, experiencia e gran pericia e destreza na execución, como demostra a conservación do 99,5% das palmeiras en tratamento preventivo.

Temos unha especial sensibilidade polo coidado do medio ambiente e por este planeta que é a casa de todos. Somos especialmente meticulosos nas nosas aplicacións fitosanitarias e coidamos de ser respectuosos co entorno.

Tratamento de Palmeiras contra Picudo vermello

Poda en altura de árbores e palmeiras. Cirurxía de palmeiras

A poda en altura supón un traballo con un alto risco e moi especializado. Require adestramento continuo e a combinación de coñecementos sobre arboricultura, fisioloxía das árbores, técnicas de traballos en altura, técnicas de manexo de máquinas e ferramentas especiais, prevención de riscos, e aptitude física.

Non hai moitas persoas especializadas que reúnan estes requisitos en Galicia nin en España e é unha profesión moi vocacional, esixente e pouco coñecida. Nós contamos con estes profesionais para atender as necesidades dos clientes.

A poda pode ter diversos obxectivos: seguridade, saneamento, redución da copa, rexuvenecemento da planta, ornamental, frutificación, etc; sendo en case tódolos casos unha combinación.

Nós executámola con todo o esmero para cumprir eses obxectivos respectando a bioloxía das árbores, o conxunto harmónico e paisaxístico do entorno e o medio ambiente. Sempre cumprindo a lexislación de prevención de riscos e os estándares de seguridade recomendados pola International Society of Arboriculture e o European Arboricutural Council. Ademáis, levamos un control de desinfección de ferramentas de un exemplar a outro e de un traballo a outro.

A poda de palmeiras, que tamén facemos, ten a súa especialidade. Implica o emprego de ferramentas especialmente deseñadas para este fin. De facerse, a poda, recomendamos encarecidamente acompañala dos tratamentos fitosanitarios pertinentes.

Tamén realizamos cirurxía de saneamento de palmeiras. Esta delicada técnica aplícase en casos de palmeiras xa afectadas polo picudo vermello que se pretenden salvar.

 Poda en Altura de árbores e palmeiras. Cirurxía de palmeiras

Poda de arborado urbano

Completando a gama de podas que facemos, tamén realizamos poda de arborado urbano e de parques e xardíns.

Poda de arborado urbano

Tala en altura de árbores e palmeiras

Moitas veces facemos talas en altura de árbores de xardín, próximas a casas, vías públicas, tendidos eléctricos ou de calquera outros bens. Igual que a poda en altura, esta actividade implica un risco que hai que considerar. Non só para os traballadores especializados que a executan, se non para outras persoas, animais, plantas e bens materiais situados na zona.

As talas en altura realízanse cando pola razón que sexa se quere eliminar a árbore ou a palmeira. A nosa dinámica de traballo sempre é: sinalización da zona, establecemento do plan de prevención, seguridade e emerxencia, avaliación do estado da árbore, observación dos riscos, establecemento do plan de traballo, e por último execución en condicións de seguridade, cumprindo as normas de prevención de riscos e medio ambientais. No haber da nosa experiencia de traballo temos talas en altura de árbores e palmeiras de tódolos tamaños e graos de dificultade.

 Tala en altura de árbores e palmeiras

Tala e corta difícil e complicada de árbores e palmeiras

Ás veces, sen ser necesario traballar en altura, a tala ou corta de árbores ou palmeiras pode supor un alto risco polos danos que esta operación pode producir, tanto a persoas como a bens. Nestes casos aplicamos técnicas especiais de abatemento de árbores dirixindo a caída mediante sistemas deseñados para estes fins.

Tala e corta difícil e complicada de árbores e palmeiras

Valoración do estado das árbores e dos riscos

Avaliar o risco que pode entrañar unha árbore nun determinado lugar é moitas veces unha necesidade, sobre todo polos danos e prexuízos que pode causar en caso de fallo estrutural. A avaliación, observación de síntomas e evidencias e o diagnóstico é unha tarefa moi difícil e de especial responsabilidade, pois temos que pensar que vai a influir na toma de decisións das actuacións pertinentes. Require de moita observación, experiencia, coñecemento e prudencia. Nos nosos estudos e informes, baseámonos sobre todo en dous métodos mundialmente recoñecidos, VTA e ARCHI.

Valoración do estado das árbores e do risco

Cubicación e taxación de árbores e madeira en pé

Se vostede necesita saber canta madeira en pé hai nunha parcela, en toneladas ou metros cúbicos, porque a quere vender ou comprar, vai necesitar que un experto lle faga unha cubicación e estimación das existencias e unha taxación do valor desa madeira ou arborado. Para isto empregamos aparatos de dasometría exclusivos para este fin e tarifas de cubicación de dúas entradas desenvolvidas para cada especie de árbore. Entregamos un informe que como mínimo determina os metros cúbicos, as toneladas e a taxación económica da madeira ou arborado.

  Cubicación e taxación de árbores e madeira en pé

Cursos de formación de altura, forestal e xardinería

A nosa ampla experiencia no eido da formación profesional e vocacional permítenos impartir con moita calidade cursos de formación especializados de diferentes niveis, baseados nos resultados da aprendizaxe, con alto contido práctico e adaptado ás necesidades de formación dos participantes. Algúns deles son: técnicas de seguridade e manexo da motoserra, técnicas de traballo en altura en árbores e poda en altura, mantemento de xardíns, técnicas de seguridade e manexo da moto rozadora, presupostación por computadora.

Cursos de formación de altura, forestal e xardinería

Tratamentos fitosanitarios de cítricos, buxos e frutais

Realizamos tratamentos fitosanitarios contra Trioza erytreae, (psila africana dos cítricos); contra Cydalima perspectalis, (eiruga verde dos buxos); contra fungos como Pestalotiopsis, Phythophtora, e outros, sobre todo en eixidos e sebes de xardíns e hortos. Temos unha especial sensibilidade polo coidado do medio ambiente e por este planeta que é a casa de todos. Somos especialmente meticulosos nas nosas aplicacións fitosanitarias e coidamos de ser respectuosos co entorno cumprindo a normativa.

Tratamentos fitosanitarios de cítricos y buxos

Catastro, informes, planos

Realizamos traballos propios de oficina técnica de enxeñería agroforestal tipo: catastro, medición de parcelas, informes técnicos, planos...

Catastro, informes, planos

Traballos forestais e silvícolas

Xestionamos e executamos traballos de índole forestal e do medio natural tipo: mantemento de rutas de sendeirismo, cartelería, tallas de formación, podas, clareos, claras, rozas manuais e mecanizadas, mantemento de repoboacións forestais, plantacións, repoboacións, forestacións, podas baixas e altas, aproveitamentos madeireiros...

Traballos forestais e silvícolas

Traballos de xardinería

Xestionamos e executamos traballos de mantemento de xardíns e zonas verdes. Céspedes, arbustos, arborado, vivaces, planta de tempada, mobiliario de xardín, pequenas obras, elementos non vexetais, xogos...

Traballos de xardinería

Electricidade, instalacións, reparación de avarías e obras de construción

Facemos obras de construción complementarias na implantación dos xardíns: terrazas, escaleiras, instalación de elementos non vexetais do xardín, bordes, muros, solos, pavimentos, camiños, formigón, pedra, etc. Obras de reforma de garaxes, vivendas, etc.

Realizamos instalacións eléctricas en vivendas e obra anexa ao xardín, instalación de motores e bombas en pozos artesáns e de barrena, regulación de hidrosfera e presostato. Instalación de conexións e tomas de datos, internet, teléfono, tomas de corrente. Reparamos avarías de portais, garaxes, pozos, equipos de bombeo, vivendas.

Electricidade, instalacións, reparación de avarías e obras de construcción